O teu lugar de desafogo
Aglaia Psicoloxía é un espazo para aqueles que senten a necesidade de acougo, de compaña, de apoio, de comprensión, aquí e agora, sen xuízos.
Dicir Aglaia Psicoloxía é o mesmo que dicir Raquel Penín Devesa, licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e en Psicopedagoxía pola Universidade de Vigo (Campus de Ourense).
Psicóloga, col. nº G-3227.
Os nenos atopan en Aglaia unha morea de xogos cos que poden expresar aquilo que os inqueda e multitude de cores coas que mostrar as súas emocións e desenrolar a súa creatividade e as súas capacidades.
É un espazo para adolescentes que necesitan apoio educativo, emocional ou, simplemente, un lugar onde poder expresar libremente o que senten, os seus temores, as súas ilusións; un lugar onde poder conectar coas súas necesidades.
Aglaia Psicoloxía é tamén un espazo para pais e nais desacougados, perdidos ou para aqueles que buscan outra mirada coa que enfocar a relación cos seus fillos.
Aquí poden atopar o seu lugar os profesores que se senten desbordados, aqueles que non se senten valorados, aqueles outros que se atopan desmotivados ou os que non atopan sosego.
É este un espazo para calquera persoa, sexa neno, adolescente ou adulto, pai, nai ou profesor, que senta a necesidade de coñecerse máis a si mesmo, de conectar coas súas emocións e necesidades. En definitiva, para calquera que desexe medrar como persoa e sentirse mellor consigo mesmo, co que fai e co mundo que o rodea.