Aglaia Psicoloxía, atención psicolóxica para adultos
Aglaia Psicoloxía é tamén un espazo para pais e nais desacougados, perdidos ou para aqueles que buscan outra mirada coa que enfocar a relación cos seus fillos. Aquí poden atopar o seu lugar os profesores que se senten desbordados, aqueles que non se senten valorados, aqueles outros que se atopan desmotivados ou os que non atopan sosego.
Non hai nada escrito sobre como levar a cabo unha boa educación, por iso pode haber momentos nos que precises de axuda externa para poder afrontar situacións concretas ou para poder desfogarte sen xuízos de ningún tipo. Coa nosa psicóloga en Ourense atoparás toda a atención que precisas.
É este un espazo para calquera persoa, sexa neno, adolescente ou adulto, pai, nai ou profesor, que senta a necesidade de coñecerse máis a si mesmo, de conectar coas súas emocións e necesidades. En definitiva, para calquera que desexe medrar como persoa e sentirse mellor consigo mesmo, co que fai e co mundo que o rodea.
Se quere solicitar unha cita previa ou ampliar información sobre os nosos métodos de traballo ou servizos, non dubide en contactar con Aglaia Psicoloxía en Ourense.